InicioEconomíaO Concello de Viveiro sinala que as contas municipais están saneadas a...

O Concello de Viveiro sinala que as contas municipais están saneadas a pesar da pandemia

“Cumprimos o obxectivo que tiñamos desde o comezo da pandemia: manter todos os servizos para os nosos veciñas e veciñas, sen cambiar para elo a nosa política de contas saneadas e pagando as facturas o antes posible para darlles liquidez a pemes e autónomos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro afronta o ano 2022 cunha política de xestión económica rigurosa e responsable, mantendo as súas contas saneadas e a amortización de débeda prevista, a pesares das dificultades derivadas da pandemia da coronavirus.

“Cumprimos o obxectivo que tiñamos desde o comezo da pandemia: manter todos os servizos para os nosos veciñas e veciñas, sen cambiar para elo a nosa política de contas saneadas e pagando as facturas o antes posible para darlles liquidez a pemes e autónomos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Entre outros indicadores, o concello informa que, tras a execución orzamentaria correspondente ao cuarto trimestre de 2021, constátase un estricto cumprimento do período medio de pago (PMP) e o cumprimento dos prazos para o pago segundo a normativa de morosidade.

Estes dous indicadores serven para avaliar a axilidade en atender as obrigas de pago municipais. No caso do período medio de pago, esta ratio determina o tempo de pago ou o retraso no pago das distintas facturas rexistradas no concello.

Atendendo aos cálculos realizados con arranxo ao disposto na lexislación vixente para determinar este valor, os técnicos constatan que o PMP do Concello de Viveiro é de 3,15 días, cando o límite máximo establecido por lei se sitúa en 30 días.

Respecto ao cumprimento dos prazos de pago a proveedores, tanto no 3º como no 4º trimestre de 2021, cúmprense os prazos establecidos na normativa sobre morosidade, que, entre outras, son a Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais; a Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da lei anterior; e a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Á súa vez o Concello de Viveiro cumpre co PMP Global e, polo tanto, non figura no listado remitido polo Ministerio de Facenda, que inclúe as entidades incumpridoras e consecuentemente obrigadas a aplicar a medida recollida na Disposición Adicional 94 da Lei de Presupostos Xerais do Estado de 2022.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...